Aberto o prazo para solicitar a prestación para fillos menores de tres anos
Infogauda / A Guarda
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa que a partir do día 28 de xaneiro ábrese o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillos menores de tres anos para o ano 2016.
Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 02 de xaneiro de 2013 e 1 de xaneiro de 2016 (incluídos) e que non tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2014, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.
O prazo para a presentación das solicitudes rematará o día 7 marzo 2016.
Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda. O horario de atención é de 9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario