Os GES esixen medios e materiais ao Concello de A Guarda
Sección Sindical da CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda: “(...) O equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos “é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón” insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan “como se pode” e “por non deixar tirados aos veciños e veciñas (...)”
Sección Sindical da CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda: “(...) O equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos “é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón” insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan “como se pode” e “por non deixar tirados aos veciños e veciñas (...)”
Chaleque e camisola do persoal do GES de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A Sección Sindical da CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda, alerta unha vez máis “da falta de medios e material en materia de seguridade e prevención para a realización do seu labor nos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda”.
Fontes da devandita Sección Sindical afirman que o equipamento co que contan os GES de A Guarda desde fai anos “é un EPI mínimo de chaqueta e cubrepantalón”, insuficiente para as distintas tipoloxías de intervención que aínda así se realizan “como se pode” e “por non deixar tirados aos veciños e veciñas”.
Un dos bombeiros do GES de A Guarda relembra que “tras as declaracións en prensa o pasado ano por parte do Concelleiro de Emerxencias, Miguel Ángel Español Otero, anunciando a chegada de novo equipamento e medios, a realidade é que os GES continúan na mesma situación de precariedade co agravante do continuo deterioro e desgaste que sofren os medios e materiais en cada intervención”.
Segundo CNT, esta situación “fácilmente solventable con vontade política” constitúe un importante risco a maiores para a integridade física dos traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias nun traballo xa perigoso de por si, tal como se lle deu traslado ao Concello da Guarda que é “perfectamente consciente” da problemática dos GES que, recordan “repercute na atención á cidadanía dos concellos de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda”.
“Agárdadase - segundo indican fontes do sindicato CNT - que a reunión comprometida co Concelleiro de Emerxencias Miguel A. Español para esta primeira semana de febreiro “impoña racionalidade” antes de que ocorra algunha desgracia evitable”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario