O próximo luns, día 1 de febreiro, comezan as clases preparatorias para sacar o graduado en ESO
Infogauda / A Guarda
O próximo luns, día 1 de febreiro, comeza no municipio de A Guarda, o curso de educación para adultos preparatorio para as probas libres do graduado en ESO.
O horario será de luns a xoves en horario de 10,30 horas a 13 horas. O lugar onde se impartirán as clases será o edificio do Sinde vello.
Aínda está aberta a inscrición polo que as persoas interesadas poden anotarse acudindo a OMIX ou o departamento de AEDL do Concello de A Guarda. Este curso está orientado a aqueles alumnos que non conseguiron o graduado en ESO ou aquelas persoas que, debida a súa idade, xa están fora do ámbito escolar e queren sacar este título.
Datas de exames
No DOG nº 18 do 28 de xaneiro de 2016, publícase a resolución pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos.
O prazo para matricularse nas probas ábrese no mes de marzo. A matrícula para a convocatoria de maio é do 7 ao 18 de marzo de 2016 e do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016 para a convocatoria de setembro.
As probas serán os días 27 de maio e 8 de setembro.
O lugar mais próximo para matricularse é Tui, no IES Indalecio Pérez Tizón, na avenida da Concordia, s/nº Teléfono: 986 600 926.
Ningún comentario:
Publicar un comentario