4 de xan. de 2016

A GUARDA

Cabalgata dos Reis Magos na vila de A Guarda


Se non chove, á Cabalgata dos Reis Magos sairá desde á Alameda
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda


 A vila de A Guarda xa ten todo preparado para a esperada chegada dos Reis Magos o próximo martes, día 5 de xaneiro. 

 Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 18 horas dende a Alameda para, tras pasar pola Rúa Galicia e a Rúa Agustín Nandín Lomba, chegar a Praza do Reló e celebrar unha gran recepción real na Casa dos Alonso.   

 Aos tres reis os acompañarán unha trintena de paxes, ademais da Charanga “Os Zanfonos”, o grupo de Gaitas da Terceira Idade e o Grupo de baile “Xamaraina”.   

 Durante o percorrido os acompañantes da comitiva real e tamén os propios Reis repartirán case 400 quilogramos de caramelos polas rúas.  

 Unha vez na Casa dos Alonso, terá lugar a gran recepción real. Melchor, Gaspar e Baltasar recibirán a todos os rapaces e rapazas que así o desexen e lles farán entrega dun pequeno agasallo.  

 En caso de choiva a cabalgata non sairá pero se realizará a recepción real na Casa dos Alonso dende ás 18 horas. Neste caso tamén haberá actuacións musicais e reparto de caramelos.  
Visita aos avós
Hoxe, luns 4 de xaneiro, os Reis Magos farán a súa visita habitual aos avós e avoas na Residencia de Maiores Monte Tecla, de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario