29 de xan. de 2016

A GUARDA

Charla informativa sobre o picudo vermello das palmeiras 

Este coloquio terá lugar no Centro Cultural o mércores, día 10 de febreiro, ás 18:30 horas
  

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda organiza unha charla informativa sobre a praga de picudo vermello (Rhyanchoporus ferrugineus) que afecta ás palmeiras. 

 Neste encontro, que terá lugar o mércores, día 10 de febreiro, ás 18,30 horas, no Centro Cultural da vila, Técnicos de Agricultura da OAC informarán aos veciños interesados da maneira de minimizar o impacto deste fenómeno e dos métodos de control, ademais do protocolo a seguir para tratar os restos das palmeiras afectadas polo picudo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario