Xornada de portas abertas na Praza de Abastos
Infogauda / A Guarda
O xoves, día 10 de decembro, celébrase unha xornada de portas abertas na Praza de Abastos de A Guarda para convidar a todos os veciños da localidade a coñecer as reformas realizadas nestas instalacións e a asistir ás charlas programadas.
Así, a xornada comeza ás 10,30 horas coa apertura das portas e coa charla enfocada a emprendedores.
Ás 11 horas está programada unha charla de Nutrición, e de 11,30 a 13 horas haberá unha elaboración e degustación de diferentes produtos.
Este evento ten coma obxectivo dar a coñecer aos guardeses e guardesas as reformas que se tiveron feitas na praza, mostrar os diferentes produtos que se venden e a maneira de transformalos en comida saudable, e, moi importante, ofrecer a Praza de Abastos de A Guarda coma unha oportunidade de traballo, coma unha posibilidade de negocio.
O Concello de A Guarda quere convidar a todos os veciños da localidade a asistir a esta xornada e a participar nas interesantes charlas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario