O Concello organiza charlas sobre o “Uso seguro e saudable de Internet” enfocadas a menores e adultos
Infogauda / A Guarda
O servizo de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda organizan, o próximo mércores, 9 de decembro, charlas sobre o “Uso seguro e saudable de Internet”, tanto para estudantes coma para adultos.
Así, pola mañá, unha psicóloga da ONG “Pantallas Amigas”, charlarán cos alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) do IES A Sangriña e do centro PP. Somascos.
Nestes encontros o que se intentará será concienciar os nenos e nenas dos perigos que ten Internet e a importancia da privacidade na rede. Ademais falarán de delitos coma o Ciberacoso (Ciberbullyng) ou o envío de contidos de tipo sexual (Sexting).
Xa pola tarde, ás 19 horas na Casa dos Alonso, membros da mesma ONG impartirán unha charla aberta para todos os veciños de A Guarda interesados en coñecer as consecuencias e os perigos de Internet.
O Concello de A Guarda convida a esta charla a todas as persoas que forman parte do entorno educativo de rapaces ou rapazas, pais e nais, educadores, profesores, titores,... Cos adultos falaráse da privacidade nas redes sociais, dos riscos dos teléfonos móbiles intelixentes (smartphones) ou da responsabilidade ante a lei polos delitos en Internet.
En base as preguntas e respostas por parte dos asistentes o ponente incidirá nos puntos que se estimen necesarios durante a sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario