"Nós-candidatura Galega defende na Guarda ter voz propia en Madrid"
Imaxe que ofrecía na tardiña de onte o salón de actos do Centro Cultural de A Guarda, no mitin de Nós-Candidatura Galega
Foto: Nós-Candidatura Galega
Infogauda / A Guarda
Na tarde de onte, Nós-Candidatura Galega tivo un encontro aberto coa veciñanza de A Guarda no auditorio do Centro Cultural da vila.
Participaron o portavoz municipal do BNG de A Guarda, Anxo Baz, a comerciante guardesa Beatriz Lomba, a candidata da Comarca ó Congreso Míriam Rodríguez e o alcalde de Pontevedra e candidato ó Congreso, Miguel Anxo Fernández Lores.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores criticou as desigualdades sociais. “De 2007 para aquí cada vez traballan menos persoas. Temos o paro duplicado e a mocidade que tivo que emigrar. Chegamos a ter 90.000 explotacions gandeiras e agora hai 9.000. Igualmente sucede coa pesca”. E salientou a necesidade de ter unha representación forte no Congreso porque “nunca vira de fora remedio algún”. Pediu o máximo esforzó porque “e necesario que Galiza estea representada”.
A candidata da comarca, Míriam Rodríguez criticou que todo estea encamiñado a potenciar forzas políticas "emerxentes" que son máis do mesmo, lembrando o legado do nacionalismo que sempre estivo cos colectivos sociais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario