4 de nov. de 2015

TOMIÑO

CHARLA COLOQUIO: A FAMILIA NO DEPORTE FORMATIVO. UN APOIO NECESARIO

Terá lugar o venres día 6 de novembro, ás 21:00 horas no Hotel Nova Colina, de Tomiño





Gonzalo Lomba / Tomiño

 A Asociación Deportiva Tomiño de Fútbol Base celebra este venres día 6 de novembro, ás 21:00 horas no Hotel Nova Colina, de Tomiño, unha charla coloquio baixo o título “A familia no deporte formativo: un apoio necesario”. A entrada será libre para todos os interesados.  

 Na charla, a cargo da psicopedagoga Bibiana Álvarez, falarase sobre os beneficios do deporte na xuventude e analizaranse as claves do apoio de pais e nais aos seus fillos na práctica deportiva.  

 O evento, que se enmarca dentro do convenio da AD Tomiño co gabinete Orientalia, responde a intención da asociación deportiva de mellorar e reforzar a labor formativa do club, labor para a que se considera indispensable a implicación de familias, adestradores e xogadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario