18 de nov. de 2015

A GUARDA

Convocada unha reunión para todas as persoas interesadas en colaborar na II Edición do Trail do Trega 


Infogauda / A Guarda

 Para este xoves día 19 de novembro, ás 19,30 horas no Concello de A Guarda, está convocada unha reunión para que acudan todas as persoas interesadas en colaborar coa II Edición do Trail do Trega, que se celebrará o domingo día 29 de novembro.   

 Este encontro ten coma finalidade coordinar as actividades que desenvolverán cada un dos voluntarios no Trail. 
 Inscricións abertas  
 As persoas interesadas en participar, xa sexa no propio trail ou na andaina paralela, aínda están a tempo de inscribirse, premendo nesta ligazón

 O trail ten un percorrido de 18 quilómetros e a saída, será dende a explanada de A Sangriña, será ás 10 horas. Pola súa banda, a andaina, que sairá do mesmo lugar, comezará ás 9,15 horas.  

 Aqueles que precisen máis información poden dirixirse a info@galitiming.com .

Ningún comentario:

Publicar un comentario