19 de out. de 2015

TUI

ABERTAS ÁS INSCRICIONS PARA PARTICIPAR NA RUTA DOS MOSTEIROS 




Club Deportivo Andatui Regodapedra / Tui

 O próximo día 7 de novembro, saíndo ás 8:30 do Centro Interfederado e ás 9:00 do mosteiro de Ganfei (Valença), organizamos a rota dos Mosteiros.  

 Un paseo de 11,5 quilómetros de dificultade baixa, visitando dous dos máis importantes mosteiros do norte de Portugal.  

 Saída ás 9:00 e contamos con voltar ás 13:00 ó punto de saída.  

 Participa con nós e fai o que máis recomendan os médicos, camiñar.  

 Pasa unha mañán diferente ó mesmo tempo que fas deporte e coñeces o noso entorno e a beleza dos montes de Portugal.  

 ¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!  

 Para participar, apuntádevos aquí. 

 PERCORRIDO 

Ningún comentario:

Publicar un comentario