PRETO DE 200 PERSOAS PARTICIPARON NA CONSTITUCIÓN DE INICIATIVA POLA UNIÓN NO BAIXO MIÑO
A asemblea aberta constituíu unha cordinadora comarcal con representantes de tódalas localidades do Baixo Miño.
Infogauda / Tomiño
Nun ambiente moi cordial desenvolveuse, na tarde de onte, en Tomiño unha asemblea aberta da plataforma cidadá Iniciativa pola Unión na que preto de 200 persoas debateron amplamente sobre importancia de conformar unha candidatura unitaria galega para as vindeiras elecións xerais que defenda os intereses e os dereitos dos galegos e galegas.
Ao mesmo tempo, representantes da Coordinadora Nacional da IpU explicaron o calendario de traballo aberto que están a levar adiante por todo o País, centrándose no proceso actual de primarias abertas, para o cal animaron a toda a veciñanza a rexistrarse no censo e así poder votar en cadanseu concello.
Asimesmo, a plataforma informa que para aquelas persoas que non poideron asistir á asemblea aberta celebrada na tarde de onte, poden rexistrarse na web www.polaunion.gal, ou ben nos formularios abertos nos seguintes locais para poder censarse e participar deste proceso de primarias antes do 3 de novembro:
Tui: Tapas e Viños.
Tomiño: Café e liadas.
O Rosal: A Competencia.
A Guarda: CIG, Arruaz e Fetiche.
Ningún comentario:
Publicar un comentario