Hoxe péchase o prazo para inscribirse nos clubes de lectura da Biblioteca Municipal
Infogauda / A Guarda
Hoxe, xoves 29 de outubro, pecha o prazo de inscrición para todos aqueles interesados en unirse aos clubes de lectura organizados polo Concello de A Guarda na Biblioteca Municipal.
Nestes clubes, os membros se porán de acordo para ler un mesmo libro que será prestado pola biblioteca. Tras a súa lectura, quedarán para a posta en común da historia e para dar as súas opinións. A datas das reunión serán acordadas entre os propios membros do grupo. Aquelas persoas interesadas en pertencer aos clubes poderán inscribirse na propia biblioteca, situada no Centro Cultural. O horario de apertura é de 17 a 20 horas da tarde.
Outras actividades
O Concello de A Guarda busca dinamizar a biblioteca municipal organizando diferentes actividades. Así, ademais dos clubes de lectura, xa se celebrou o Día da Biblioteca e están planeadas sesións de Contos Contados.
As sesións de “Contos Contados” comezarán o 7 de novembro e se repetirán o primeiro sábado de cada mes. Para acudir a esta actividade non fai falla facer ningún tipo de inscrición, tan só acudir a biblioteca no horarios fixado, que sempre será de mañá.
Con este tipo de iniciativas a Concellería de Cultura e Educación, que dirixe Elena Baz Rodríguez, busca "fomentar e promocionar a lectura e achegar a biblioteca municipal a todos os veciños de A Guarda".
Ningún comentario:
Publicar un comentario