FOTOGRAFÍA
ALBERTE ALONSO PEREIRA, FINALISTA NO MIAMI STREET PHOTOGRAPHY 2015
Alberte Alonso Pereira
© Alberte A. Pereira
Infogauda / A Guarda
O Miami Street Photography Festival é un certame fotográfico de ámeto internacional, no que participan fotógrafos de varios países de todo o mundo, aportando non soio ás instantáneas que presentan á concurso senón unha enorme cantidade de talento, que segundo temos constancia, fai que á labor dos xuices - Dmitry Stepanenko, Umberto Verdoliva, Mary Cimetta, Vineet Vohra e Stefano Mirabella - fose todo un desafío.
A organización do Miami Street Photography Festival 2015, ven de faer pública á relación dos 63 finalistas da edición deste ano, entre os cales hai fotógrafos de Estados Unidos, Kazakhstan, Rumanía, Turquía, Gran Bretaña, Filipinas, Grecia, Japón, Italia, Suecia, Hong Kong, Austria, Portugal, Thailandia, Israel, Federación Rusa, Dinamarca, Bélgica, Francia, Canadá, India, Bangladesh, Polonia, Australia,..., e por suposto, de España.
Do estado español hai tres fotógrafos: Javier Martin, Guillermo Ibáñez e Alberte Alonso Pereira.
Compre salientar que Alberte Alonso Pereira, é natural de A Gándara (A Guarda), e reside no veciño municipio do Rosal. É a primeira vez que participa no The Miami Street Photography Festival MSPF.
© Alberte A. Pereira 2015
Logo da coñecer oficialmente que unha fotografía súa fora seleccionada para ese importantísimo certame internacional, Alberte A. Pereira fixo á seguinte valoración: "A verdade é que cando decidín enviar as 5 fotos para participar neste festival, e vendo o nivel que había nas edicións anteriores, nin pola cabeza se me pasou poder chegar a ser finalista.
Cando o pasado domingo 25 de outubro recibo o correo de Juan José Reyes, Director Executivo do MSPF 2015, comunicándome que elexiran unha das miñas fotos como finalista, sentín que todo este tempo tentando mellorar e aprender, todo o esforzo merecera a pena. E por suposto, sentín unha enorme alegría.
A foto seleccionada é a que vedes nesta información e estará exposta, xunto coas outras 63 finalistas, no “History Miami’s Center for Photography” do 20 de novembro ata o 17 de xaneiro de 2016, e formarán parte do Festival de Street Photography de Miami que se celebrará entre os días 3 e o 6 de decembro.
Desta tenra sairán as tres gañadoras, que se darán a coñecer o día 5 de decembro. Nesta última fase, o xurado estará composto polos fotógrafos da Axencia Magnum, David Alan Harvey e Bruce Davidson, Maggie Steber, de National Geographic e o fotoperiodista Peter Turnley.
Para min é todo un orgullo estar ahí presente. Son os Oscar da foto de rúa contemporánea.
Como xa teño dito, eu con esta selección xa gañei!"
As fotografías seleccionadas estarán expostas no HistoryMiami Museum Gallery, unha institución museística sen fins de lucro, ubicada na 101 West Flagler Street, de Miami.
Asemade tamén serán destacados no Festival durante Semana de Basilea da Arte en Miami, do 3 o 6 de decembro deste ano. Ese evento é unha premier mundial de escenas de arte, que cada ano reúne en Miami a milleiros de persoas para celebrar as artes visuais.
As fotografías seleccionadas estarán expostas no HistoryMiami Museum Gallery, unha institución museística sen fins de lucro, ubicada na 101 West Flagler Street, de Miami.
Asemade tamén serán destacados no Festival durante Semana de Basilea da Arte en Miami, do 3 o 6 de decembro deste ano. Ese evento é unha premier mundial de escenas de arte, que cada ano reúne en Miami a milleiros de persoas para celebrar as artes visuais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario