28 de out. de 2015

TOMIÑO

SAMAIN CON ADETO  

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES (ADETO) ORGANIZA O SAMAIN O 31 DE OUTUBRO



ADETO / Tomiño

 A Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO) organiza a festa do Samaín, coa colaboura do Concello de Tomiño e coa participación de Cervexa Lenda. 

 Haberá baile de disfraces aterradores, obradoiros e unha gran queimada.E para os máis pequenos unha merendola. Todo elo amenizado con música.   

 O sábado 31 de outubro, a partir das cinco da tarde para os nenos, e das oito para maiores na Praza da Mina.  

 Teremos decoración nas rúas, algunhas cousas realizadas polos nenos dos distintos Colexios do Concello.  

 Sorteo de cheques regalo polas túas compras por valor de 75, 50 e 25 € (a consumir nos establecementos participantes).

 O sorteo será presencial na Praza da Mina ás 21.00 horas, pero se chove realizarase no local de Adeto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario