28 de out. de 2015

A GUARDA

CINEMA POR SAMAÍN 

“O Apóstolo” será presentado polo guardés Álvaro Alonso Lomba 


Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda organiza unha sesión de cinema apto para tódolos públicos para celebrar o Samaín.  

 O filme que se proxectará será “O Apóstolo” e a cita é este venres, 30 de novembro, no Centro Cultural ás 20,30 horas. 

 O guardés Álvaro Alonso Lomba, coordinador de efectos especiais e supervisor de postproducción desta película, será o encargado de presentala. A pesar de estar tan lonxe -na actualidade vive en Oslo- Álvaro, a través dunha videograbación, contará a todos os espectadores cal foi a súa labor e o traballo que desenvolveu neste filme. 
 Sinopse 
 “O Apóstolo” conta unha historia de misterio ambientada no Camiño de Santiago na que, mésturase o suspense, o humor e a fantasía a partes iguais. 

 O protagonista do filme é un preso recen fuxido da cadea que se verá envolto en moitos e moi estraños sucesos ó intentar recuperar un botín escondido hai moitos anos. Nas súas aventuras encontrará a outros personaxes que interromperán na súa búsqueda. 

 “O Apóstolo” é a primeira película de animación stop-motion de Europa feita mediante unha produción estereoscópica. 

 Tras recoller premios en decenas de festivais, tanto galegos, como españois e no resto de Europa, este filme chega á Guarda para celebrar o Samaín con todos os veciños do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario