28 de out. de 2015

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O alcalde e o Concelleiro de Medio Ambiente,  revisan as obras do Codesal 
  
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto co Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez González, visitando a zona do Codesal, xunto con responsables de Costas, entre o que se atopaba o técnico Antonio Iglesias.
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, xunto co Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez González, revisaron na mañá de hoxe os traballos que se están levando a cabo na zona do Codesal. Segundo informa o executivo municipal do concello guardés "estas obras, forman parte do proxecto “Recuperación da escollera da pista entre a Armona e O Codesal”. Esta primeira fase é unha actuación que busca a rehabilitación medioambiental do campo do Codesal".  

 Nesta visita tamén estiveron responsables de Costas, entre o que se atopaba o técnico Antonio Iglesias.  

 Neste encontro tanto o alcalde coma o concelleiro puideron ver in situ os traballos que xa se están levando a cabo, por exemplo, para a ampliación da senda para o paso dos peóns.  
Outros proxectos  
 O alcalde aproveitou esta visita para falar cos responsables de Costas sobre o proxecto de “Acondicionamento da área da Lamiña-Armona”.  

 Fontes municipais afirman que "neste punto o rexedor guardés volveu a reafirmar a súa proposta de ampliar o areal, crear unha zona de esparcemento e un novo aparcamento na zona da fábrica de Rego".   


 Antonio Iglesias, atendeu ó alcalde de A Guarda e explicou que "Costas podería realizar este proxecto por fases. 

 Así, a primeira das actuacións, sería unha recuperación medioambiental da praia, que consistiría nunha retirada de escombros e o recheo coa area dragada do río".

Ningún comentario:

Publicar un comentario