4 de out. de 2015

SOCIEDADE

A GUARDA UN DOS POBOS MÁIS BONITOS DE ESPAÑA


Infogauda / A Guarda

 Que A Guarda é un dos pobos máis bonitos de España, é algo que moitos xa o sabemos desde fai moítisimo tempo. Temos unha situación xeográfica privilexiada. Esa conxunción de monte, río e mar (Monte Santa Trega, Río Miño e Océano Atlántico), xunto coa própia configuración do municipio, que posúe unha variedade paisaxística inigualable, na que ademáis desa tríada que vimos de mencionar - con todo o que nos ofrece cada ún dos encraves - ainda temos moito por descobrer no Monte Torroso e no Esteiro do Miño, e por suposto en cada unha das parroquias guardesas (A Guarda, Camposancos e Salcidos), que nos ofrecen praias fluviais e marítimas, recunchos pintorescos, cruceiros, muños de vento, cetáreas, a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal,..., e sobor de todo unha cidadanía que sabe compartir todo o moito e bó que temos, tanto as xentes do mar como ás da vila e por suposto as da aldea. Porque A Guarda é como un caleidoscopio de múltiples atractivos que cautivan a própios e visitantes. 


 E ademáis de todo iso, A Guarda é un pobo aberto ó visitante. Este municipio galego tén unha vocación turística que provén desde fai máis de un século - sobor de todo desde o descobremento do megapoboado galaico-romano do Monte Santa Trega - e que está motivando que cada ano sexan máis ás persoas que se achegan onde nós, para gozar de todo o moito e bon que temos. Desde os atractivos naturais e as celebracions festivas, ata unha saborosa gastronomía onde á cociña tradicional é un piar fundamental, xunto coas novas propostas que chegan da man dos máis novos que están dando pasos moi firmes na variada oferta gastronómica de A Guarda, baseada fundamentalmente en productos de primeirísima calidade.


 Desde Infogauda, informamos os nosos lectores que hai unha listaxe cos pobos máis bonitos do estado español, e se o desexan preman nesta ligazón e voten polo pobo que consideren máis bonito. Para nós, non hai dúbida: A Guarda é o pobo máis fermoso de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario