FILATELIA
EXFIMIÑO 2015 TRIBUTARÁ UNHA HOMENAXE PÓSTUMA A D. JUAN ÁLVAREZ SOBRINO, PRESIDENTE DE HONOR DA SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA
A exposición terá lugar na Casa dos Alonso, do 23 á 25 de outubro de 2015
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A activa Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.e N.G.), co patrocinio da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de A Guarda, e a colaboura da Federación Galega de Filatelia e de Moreira & Cía., organiza unha nova edición de EXFIMIÑO.
O importante evento filatélico, que terá lugar na Casa dos Alonso, do 23 ó 25 de outubro de 2015, será inaugurado o día 23 ás 19.30 horas.
Coa EXFIMIÑO 2015, a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.e N.G.), tributará unha homenaxe póstuma a D. Juan Álvarez Sobrino, Presidente de Honor da (S.F.e N.G.).
Juan Álvarez Sobrino, socio fundador da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.e N.G.), que desempeñou tarefas como vogal, secretario e posteriormente como presidente, sendo nomeado Presidente de Honor desa entidade, faleceu o 24 de febreiro de 2011.
Persoa de ben, afable, de grata conversa, exerceu como guardés de lei, tanto no ámeto profisional como no filatélico. A S.F.e N.G. soubo distinguilo oportunamente, coa Medalla de Ouro o Mérito Filatélico. Asemade, a Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), tamén lle concedeu seu máximo galardón (Diploma, Medalla e Insignia de Ouro o Mérito Filatélico).
A traxectoria humana e filatélica de Juan Álvarez Sobrino, sempre será un exemplo para todos os que tivemos á inmensa fortuna de coñecelo e tratalo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario