4 de out. de 2015

DEPORTES

HASSAN LEKHILI, GAÑADOR DA CARREIRA 15K DO ATLÁNTICO

En féminas, a ganadora absoluta foi Sandra Mosquera Losada

Hassan Lekhili, vencedor absoluto da 15K do Atlántico, 2015

Infogauda / A Guarda


 Nunha mañá, climatolóxicamente desapracible, que comezou con unha borrasca de forte vento e choiva, este domingo día 4 de outubro celebrouse a Carreira 15k do Atlántico Banco Mediolanum. 

 Unha vez máis, o evento deu comezo nas inmediacions do campo de fútbol de Oia, onde os 634 participantes tomaron á saída, dos cales 64 son mulleres e 570 homes. 

 Debido o adverso climatolóxico, sobor de todo por causa do vento, á carreira tivo unha maior dureza que nas ediciós precedentes.

 Con un ritmo de 03:26 /qm, o vencedor absoluto da carreira foi Hassan Lekhili, do Ourenrunning-Cool Sport, que fixo os 15.000 metros en un tempo de 00:51:24.

  En segunda posición, entrou na meta sita no Paseo de Mazaracos, a carón do porto de A Guarda, Akka Essaadaoui, do club  Dare2B Corredores Pedro Nimo, con un tempo de 00:51:28.

  O galego Daniel Bargiela Araujo, do Bikila, entrou na liña de meta en terceira posición, con un rexistro de 00:51:30.

Podio dos tres primeiros clasificados, tanto en féminas como en homes, cos seus respectivos trofeos e agasallos.

 En féminas, a ganadora absoluta foi Sandra Mosquera Losada, do Comesaña Sporting Club, que con un ritmo de 03:52/qm, entraría en liña de meta no posto 19º da clasificación xeral, con un tempo de 00:57:55.

 A segunda clasificada foi Sofía Freaza Otero, tamén do Comesaña Sporting Club, con un rexistro de 01:00:18.

  O terceiro posto no podio das féminas, foi para María del Rosario Figueroa Figueroa, do club Rungalicia.com, que tivo un rexistro de 01:03:16.

 Compre salientar que o deportista guardés, Pablo Vicente López, con un ritmo de 03:52/qm, foi o primeiro atleta guardés en entrar na liña de meta, con un tempo de 00:57:48, acadando á 2ª praza da súa categoría (Promesa-Junior masculina), e a 15ª da clasificación xeral.

 En féminas, a atleta guardesa mellor clasificada foi Fani Carnero Cardoso, do Club Pescasub Atalaya, que fixo un tempo de 01:16:06, acadando o 5º posto da súa categoría (Master A Feminina). 


Podio cos primeiros atletas de A Guarda que entraron na liña de meta, e con eles o Alcalde e o Concelleiro de Deportes, de A Guarda

 Asemade, Roberto Martínez Trigo, do club Sociedade Atlética do Trega, con un ritmo de 03:52/qm, acadou o posto 17º na clasificación xeral, e un crono de 00:57:53. Foi o segundo atleta guardés en entrar na liña de meta.

Na imaxe vemos a Ariana González Verde e Carlos Álvarez Fernández, na primeira posición do podio, xunto con alcalde e un concelleiro do Rosal , e dous compoñentes do Grupo Folclórico Do Lusco ó Fusco, de A Guarda

 O atleta rosaleiro, Carlos Fernández Álvarez, do club Sociedade Atlética do Trega, con un ritmo de 03:55/qm,  acadou o posto 23º da clasificación xeral, e un tempo de 00:58:44.

 Tamén fixo unha excelente carreira, o guardés Paxoro Esperanza Martínez, con un ritmo de 03.57/qm, logrando o posto 28º, da clasificación xeral, e un tempo de 00:59:04.

 En féminas, compre destacar á actuación da atleta de Camposancos (A Guarda), Ariana González Verde, do club Sociedade Atlética do Trega, que acadou o posto 124º da clasificación xeral, e o 4º en féminas, que con un ritmo de 04:21/qm, fixo á carreira con un tempo de 01:05:05. 


O atleta guardés, Borja Cadilla, pletórico logo de receber do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, o trofeo co que se lle recoñece súa traxectoria deportiva.

  A organización da Carreira 15K do Atlántico tivo a ben recoñecer con un trofeo, a traxectoria deportiva de Borja Cadilla Lomba, do club Sociedade Atlética do Trega, que cadou o posto 384 da clasificación xeral, con un tempo de 01:14:08.

  Como ven sendo habitual neste evento, na entrega de premios - moitos deles feitos no obradoiro da Asociación Avelaíña - participaron alcaldes e concelleiros dos municipios de Oia, O Rosal e A Guarda, compoñentes do Grupo Folclórico Do Lusco ó Fusco, de A Guarda e Cruz Vermella, entre outras representacions.

Ningún comentario:

Publicar un comentario