Vigo acolle a presentación do documental Di_capacitados sobre a integración de persoas con enfermidade mental
• O documental, promovido por Janssen, proxectarase o mércores 7 de outubro nos Cines Yelmo a propósito dos actos organizados por FEAFES Galicia e a asociación Doa para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental.

• A peza pretende realizar unha labor de concienciación social coa fin de reducir o estigma asociado ós trastornos mentais.
Trailer Documental | Di_Capacitados 2015
VÍDEO
Ana Escrigas Rodríguez / Santiago de Compostela
A propósito do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora todos os anos o 10 de outubro, FEAFES Galicia e a asociación Doa organizan en Vigo a presentación do documental Di_capacitados, unha peza que pretende realizar unha labor de concienciación social coa fin de reducir o estigma asociado ás enfermidades mentais.
O proxecto Di_capacitados foi posto en marcha por Janssen o ano pasado para amosar á sociedade a faceta máis normalizada e inclusiva das persoas con esquizofrenia. A través desta iniciativa, recolléronse as testemuñas de 14 persoas que, grazas á axuda profesional, ás asociacións de pacientes e coidadores, o acceso ao tratamento axeitado e a integración social, lograron levar unha vida máis independente e normalizada.
Entre as 14 testemuñas que recolle este documental atópase a dunha usuaria de FEAFES Galicia, que xunto aos demais entrevistados, demostra que lonxe de ser unha persoa discapacitada é unha persoa con moitas capacidades, capaz de convivir coa patoloxía e de superar barreiras, prexuízos e o estigma que se asociado ás enfermidades mentais.
O documental, candidato á preselección dos Goya 2016, estrearase a nivel nacional o 5 de outubro en Madrid, e despois realizaranse unha serie de pases limitados en algunhas comunidades autónomas. En Galicia, a federación FEAFES e a asociación Doa organizarán a estrea autonómica, que terá lugar o mércores 7 de outubro nos Cines Yelmo de Vigo (Centro Comercial Travesía, Rúa da Travesía de Vigo nº 204).
O acto comezará ás 18:00 coas intervencións de Xosé Ramón Girón, presidente de FEAFES Galicia, e Leopoldo Robla, presidente de Doa, así como representantes da Consellería de Sanidade, a Área Sanitaria de Vigo, o Concello de Vigo e Janssen. A continuación darase paso á proxección do documental, que ten unha duración de 70 minutos.
Para acudir á presentación do documental Di_capacitados en Vigo é preciso inscribirse contactando con FEAFES Galicia a través do teléfono 981 554 395 ou o email feafesgalicia@feafesgalicia.org. O trailer do documental pódese ver neste enlace.

Ningún comentario:
Publicar un comentario