HOCKEY LIÑA
A GUARDA HOCKEY LIÑA PARTICIPARÁ NO TORNEO CIDADE DE LUGO, SAN FROILÁN 2015
A Guarda Hockey Liña
A Guarda Hockey Liña
Un ano máis o equipo local A Guarda Hockey Liña participará no Torneo das Festas máis senlleiras de Lugo. O torneo organizado por Lóstregos contará en esta edición con equipos chegados dende Aranda de Duero, Medina del Campo, Vitoria, Madrid, A Guarda e A Coruña, así coma os dous equipos locais da cidade de Lugo.
O vindeiro fin de semana e co gallo da celebración das festas do San Froilán da cidade das murallas.
O equipo local inscribiuse co nome de GALIFORNIA e acudirá a cita do San Froilán con un equipo mixto composto por rapaces e rapazas de diversas idades e estaráreforzado coa presenza de dous xogadores do clube vigués Vigo BlueRinged.
O ambiente festivo imperante en estas datas na cidade de Lugo e ás gañas de competición que acumulan os equipos antes de que as grandes ligas boten a andar fan deste torneo un evento único.
HORARIOS
9:00 Cabuxos (Lugo) vs. Galifornia (A Guarda)
10:00 Lóstregos (Lugo) vs. Brigantium (A Coruña)
11:00 La Txopera (Vitoria) vs. Los Burlaos (Medina)
12:00 Erizos Rudos (Aranda) vs. HDP (Madrid)
13:00 Cabuxos vs. La Txopera
14:00 Brigantium vs. Erizos Rudos
15:00 Los Burlaos vs. Galifornia
17:00 Lóstregos vs. HDP
18:00 Cabuxos vs. Los Burlaos
19:00 Lóstregos vs. Erizos Rudos
20:00 La Txopera vs. Galifornia
21:00 Brigantium vs. HDP
22:15 SEMIFINAL 1
23:45 SEMIFINAL 2
DOMINGO
11:00 3 e 4 posto
12:30 FINAL
Moita sorte ós nosos representantes e se algún de vos anda de xoldra por Lugo que se achegue a animar.


Ningún comentario:
Publicar un comentario