AMPLÍASE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO LABORATORIO DE IDEAS
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda amplía o prazo de inscrición para todos aqueles interesados en fomentar parte do “Laboratorio de Ideas”.
Desde o executivo municipal sinalan que "esta actividade está enfocada para todas esas persoas que teñen unha idea ou un proxecto e queren estudar a súa viabilidade. Ademais, neste programa poderán crear un espazo de traballo común e compartir experiencias entre os demais participantes para chegar a facer realidade esa idea".
Asemade afirman: "Esta iniciativa é unha moi boa oportunidade para aqueles que teñen inquedanzas e que buscan o seu camiño laboral".
Para facer efectivas as inscricións os interesados deben dirixirse á OMIX do Concello da Guarda, chamar o teléfono 986 61 00 00 ou contactar a través da dirección de mail informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario