O CONCELLO ORGANIZA CLUBES DE LECTURA E CONTACONTOS PARA DINAMIZAR A BIBLIOTECA MUNICIPAL
A Biblioteca Municipal de A Guarda atópase no Centro Cultural e Social
Foto: Pedro Luis Adrover de la Fuente
O Concello de A Guarda organiza clubes de lectura e contacontos para dinamizar a biblioteca municipal e atraer a veciños da localidade.
Así, dende a Concellería de Cultura e Educación, ponse en marcha clubes de lectura tanto xuvenil coma adulto. Nestes clubes, os membros se porán de acordo para ler un mesmo libro que será prestado pola biblioteca. Tras a súa lectura, quedarán para a posta en común da historia e as súas opinións, ademais de comentar aquelo que máis, ou que menos, lle gustou do libro. A data das reunións serán acordadas entre os membros do grupo.
Todas as persoas interesadas en pertencer ó clube poderán inscribirse dende o próximo xoves, 15 de outubro, ata o día 29, na propia biblioteca municipal, situada no Centro Cultural. O horario de apertura é de 17 a 20 horas da tarde.
Contacontos mensuais
Para os máis pequenos o concello ten organizadas sesións de Contacontos. Esta actividade comenzará o 7 de novembro, e se repetirá o primeiro sábado de cada mes.
Para acudir as sesións de contos falados non fai falla facer ningún tipo de inscrición, tan só acudir á biblioteca no horario fixado, que sempre será de mañá.
Con este tipo de actividades a Concellería de Cultura e Educación, que dirixe Elena Baz Rodríguez, busca fomentar e promocionar a lectura entre grupos de persoas de todas as idades. Ademais queren achegar a biblioteca municipal a todos os veciños da Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario