ATLETISMO
ROBERTO MARTÍNEZ TRIGO, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ACADOU Á MARCA MÍNIMA PARA PARTICIPAR NA MARATHÓN DE SEVILLA
José Antonio González Morais / A Guarda
O domingo día 18 de outubro, en Pontevedra celebrouse a media marathón da mencionada cidade. Roberto Martínez Trigo foi o único atleta do club Sociedade Atlética do Trega que participou, realizando un tempo de 1h19´09". Quedou satisfeito, pero esperaba facer un mellor rexistro, pero o día non axudou aos participantes. De tódolos xeitos fixo marca mínima para poder participar na Marathón de Sevilla.
Foi unha pena que os atletas Rubén e Christian se lesionaran una semán antes deste evento. Esperamos que se recuperen o antes posible.
. Roberto - na imaxe, en segundo termo - rematando a proba
DOUS DIRECTIVOS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ESTÁN FACENDO O CURSO DE MONITOR DE ATLETISMO
Patricia Pereira Guisantes e Javier Sierpes Silva - situados o fondo da aula - no curso de monitores de Atletismo.
Os directivos do club Sociedade Atlética do Trega, Patricia Pereira Guisantes e Javier Sierpes Silva, están realizando o curso de Monitores de Atletismo.



Ningún comentario:
Publicar un comentario