7 de out. de 2015

A GUARDA

CENTENARES DE ESCOLARES GUARDESES VISITARÁN DURANTE O MES DO OUTUBRO AS ESCAVACIÓNS DO POBOADO DA MERGELINA

Espérase que nos próximos meses tamén realicen esta actividade escolares chegados doutras localidades de Galicia e do norte de Portugal

Vista parcial do sector Mergelina, da citania do Monte Santa Trega (A Guarda) 
Foto: José Manuel Díaz Cobal

Infogauda / A Guarda

 O Padroado Municipal do Monte Santa Trega en colaboración co Concello de A Guarda, organizan, durante todo o mes de outubro, visitas guiadas ás escavacións do Poboado da Mergelina aos escolares da localidade.  

 Durante as visitas as escavacións, financiadas pola Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento, os escolares poden observar aos arqueólogos traballando, á vez que o guía lles explica, por exemplo, os utensilios empregados na limpeza e restauración das pezas atopadas nos traballos.  

  Arqueólogos e operarios que participan nas escavacións
Foto: Miguel Reboredo Otero

 Ademais terán a oportunidade de entrar no laboratorio e poder apreciar as diferentes pezas e utensilios atopados nas escavacións. Alí un arqueólogo tamén lles contará algunha curiosidade dos traballos feitos. 

 O longo deste mes, 35 grupos de todos os centros escolares de A Guarda se achegarán a  coñecer a evolución dos traballos dos expertos.  

 Espérase que nos próximos meses tamén realicen esta actividade escolares chegados doutras localidades de Galicia e do norte de Portugal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario