19 de out. de 2015

A GUARDA

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ENGADE UNHA SECCIÓN DE LIBROS EN PORTUGUÉS 

Vista parcial da Biblioteca Municipal de A Guarda
Foto:C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Cultura e Educación do Concello de A Guarda habilita unha zona de libros en lingua portuguesa na Biblioteca Municipal. Esta sección, na que xa se distinguen diferentes novelas e tamén libros infantís, ponse en marcha dentro do programa de fomento da biblioteca levado a cabo polo Concello. 

 Espérase que co tempo esta sección vaia en aumento e os exemplares en portugués incrementen. 
 Activar a lectura 
 Esta iniciativa é unha máis das múltiples que o Concello da Guarda está a por en marcha para dinamizar a biblioteca municipal.  

 Ademais de engadir esta sección de libros en portugués está en marcha un clube de lectura tanto infantil coma adulto e sesións de contacontos para os nenos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario