A CURTAMETRAXE "IR A NINGUNHA PARTE", SERÁ PRESENTADA O DÍA 15 DE OUTUBRO
Ás 20:00 horas, na Sala de conferencias de AFundación en Policarpo Sanz nº 26, de Vigo
Infogauda / Vigo
Aproveitando o Día Internacional do Cancro de Mama terá lugar á presentación da curtometraxe "Ir a ningunha parte", dirixida por Mario Iglesias e protagonizada por María Salgueiro.
Mario Iglesias (Pontevedra,1962) é un director de cinema experimentado con seis longametraxes no seu haber e moitos curtos multipremiados. As súas historias audiovisuais nos desgarran a alma e despois de coñecerlle ou ver o seu cinema, a vida non volve ser a mesma. Abordando o drama e os conflitos sociais desde o lado máis humano, ten a capacidade de espertar conciencias.
A actriz María Salgueiro traballa na serie da TVG "Serramoura" e na exitosa serie de Antena 3 "Cara a cara", para a que en breve comezará en Madrid a gravar a súa segunda tempada.
Director e actriz, do mesmo xeito que o produtor, Alberto Plágaro e todo o equipo de profesionais técnicos realizaron este proxecto de maneira desintereada porque consideran que é unha responsabilidade de toda a sociedade implicarse e máis cando calquera pode padecer un cancro.
Na curtameatraxe tamén participaron figurantes que coñecen de primeira man a enfermidade. Beatriz Figueroa quixo que os afectados puidesen participar e para iso pediulles a súa implicación como figurantes.
Edurne, Carmen, Laura, Beatriz M., Margarita superaron un cancro de mama do mesmo xeito que Susana que se desprazou desde Áviles e desta maneira celebrar o seu cuarto aniversario desde que a operaron. Mulleres e homes, afectados de distintos tipos de carcinoma e familiares, de idades comprendidas entre os 65 e os 18. Itziar, a máis nova que estivo acompañada da súa curmá Ariana, foi a primeira en escribir a Beatriz porque viviu e está a vivir na súa familia a dura realidade desta enfermidade e quixo colaborar.
Beatriz Figueroa, avogada e xornalista viguesa, diagnósticada de cancro en marzo do 2011 en maio do 2013 mantivo durante un mes unha folga de fame para denunciar a situación de indefensión socioeconómica dos enfermos de cancro.
Promoveu unha proposta lexislativa presentada polo BNG no Congreso dos Deputados, e redactada polo catedrático de Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo , Jaime Cabeza Pereiro.
A modificación da Lei Xeral de Seguridade Social presentada garantiría, de haberse aprobado, unha protección suficiente e eficiente aos enfermos graves derivados de carcinoma ou patoloxías similares, conferíndolle seguridade económica mentres durase ese transo.
En outubro do 2014, unánimemente todos os partidos da oposición votaron a favor no pleno do Congreso, pero a maioría do Partido Popular permitiulles non admitila a trámite.
A petición de Beatriz Figueroa na plataforma Change CAMBIEN A LEI E PROTEXAN AOS ENFERMOS DE CANCRO é a que máis firmas recolleu en España e segue activa con máis de 553.591, a día de hoxe. As súas impactantes campañas nos días que se celebra mundialmente esta enfermidade non deixan indiferente a ninguén e tiveron enorme repercusión nos medios de comunicación e nas redes sociais.
O pasado mes de xuño entrevistouse coa Defensora del Pueblo, Soledad Becerril para que a Seguridade Social recoñeza, dunha vez por todas, a prestación de incapacidade permanente aos pacientes de cancro durante o tempo necesario para a súa curación e recuperación. No encontro con Becerril trasladoulle as queixas de todos os enfermos.
Á presentación da curtametraxe será o xoves 15 de outubro ás 20:00 horas, na Sala de conferencias de AFundación en Policarpo Sanz nº 26, de Vigo.
Sobor da presentación da curtametraxe, Beatriz Figueroa afirma que "o simple feito de asistir é importante para todo o equipo de persoas que fixeron posible a realización desta obra na que se pretende conciencia-la sociedade e as institucións sobre as barreiras e ó desamparo ó que se ten que afrontar un enfermo de cancro durante o resto da súa vida".

Ningún comentario:
Publicar un comentario