A Xunta entrega 42 todoterreos pick-up para os voluntarios de Protección Civil da nosa Comunidade
O vicepresidente, Alfonso Rueda, destacou que se trata dun exemplo máis de que a colaboración entre administracións beneficia aos cidadáns A entrega é froito dunhas axudas de máis de catro millóns, que reforzan os sistemas de emerxencias dos concellos
No marco da Orde xa foron entregados todoterreos, remolques con carpas presurizadas, esparexadores de sal e furgóns para transporte e loxística
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de 42 vehículos todo terreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntariosa de Protección Civil
Infogauda / A Estrada
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda fixo entrega este martes día 20 de outubro, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de 42 vehículos todo terreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da nosa comunidade, onde destacou a importancia da frutífera colaboración entre Administracións, en especial cando se trata dun eido tan sensible e importante como é o das emerxencias e a seguridade cidadá.
Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, fixéronse entrega de 42 todo terreos tipo pick-up, logo de que foran xa entregados remolques para atención ás emerxencias, esparexadores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo, ademais de remolques con carpa presurizadas
O acto tivo lugar na Academia galega de Seguridade Pública, na Estrada e contou coa presenza de alcaldes e membros das Agrupacións, así como dos dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Pontevedra e Ourense e do director xeral de Emerxencias Interior, Luis Menor.
Rueda aproveitou o acto para enxalzar o traballo diario das asociacións de Protección Civil galegas e destacou o compromiso da Xunta con todas elas, dotándoas dos medios necesarios para que poidan ser máis efectivas e eficaces na súa resposta ante as emerxencias. A distribución destes medios fíxose “onde máis se precisaba”, seguindo criterios obxectivos e primando, por exemplo, aos concellos con maior número de actuacións e voluntarios, o risco potencial de emerxencias e a distancia con outros servizos de emerxencias coma bombeiros ou GES.
Distribución de todoterreos pick-up
Desta volta foron entregados para os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Culleredo, Narón, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba; na provincia da Coruña. Para a provincia de Lugo foron entregados todoterreos para os concellos de Barreiros, Friol, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Vilalba e Viveiro. Á provincia de Ourense correspondéronlle aos concellos de Bande, Carballiño, Chandrexa de Queixa, Coles, A Gudiña, Manzaneda, Muíños, Piñor, Pobra de Trives, A Veiga, Verín, Xinzo de Limia e Laza.
E finalmente para a provincia de Pontevedra foron entregados aos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Ponteareas, Porriño, Ribadumia, Tomiño, Valga, Vilagarcía de Arousa, e para a Mancomunidade de Val Miñor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario