AD Tomiño celebra o seu I Trofeo Virxe do Alivio
O luns día 14 de setembro, no Campo do Alivio a partir das 16:30 horas.
Gonzalo Lomba / Tomiño
A A. D. Tomiño de fútbol base celebra o luns día 14 de setembro, no Campo do Alivio o I Trofeo Virxe do Alivio cos partidos Tomiño – Ribera de categoría cadete (ás 16:30) e xuvenil (ás 18:30). O acto enmárcase dentro da celebración das Festas da Virxe do Alivio e conta coa colaboración da propia Comisión de Festas e do Concello de Tomiño.

Ningún comentario:
Publicar un comentario