DEPORTISTAS DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA PARTICIPARON NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 10 QUILÓMETROS EN RUTA
O domingo día 6 de setembro de 2015 celebrouse o Campionato de Galicia de 10 quilómetros en ruta organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de Vimianzo, que se realizou de forma conxunta coa 5ª Carreira Popular Concello de Vimianzo. A saída e meta da proba estivo situada fronte a Praza do Concello.
Ariana González, Borja Cadilla Lomba, Carlos Fernández e Roberto Trigo, atletas da Sociedade Atlética do Trega
Foto: S.A.T.
Sociede Atlética do Trega / A Guarda
O domingo día 6 de setembro de 2015 celebrouse o Campionato de Galicia de 10 quilómetros en ruta organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de Vimianzo, que se realizou de forma conxunta coa 5ª Carreira Popular Concello de Vimianzo. A saída e meta da proba estivo situada fronte a Praza do Concello.
Antes da saída gardouse un minuto de silencio polo tráxico accidente durante una proba deportiva de coches na localidade de Carral (A Coruña), desexamos que nunca mais suceda un feito semellante, que o público tome nota e sexa responsable.
Os atletas da Sociedade Atlética do Trega que participaron nese evento deportivo foron: Ariana González, Borja Cadilla Lomba, Carlos Fernández e Roberto Trigo.
Os atletas están en pretemporada, pero destacamos a excelente actuación.
Ariana posto 79 e 7ª muller 41´07".
Borja Cadilla posto 156 e 47´29".
Roberto posto 27 e 36´52".
Carlos posto 49 e 38´50".
Os atletas participantes queixáronse da dureza do circuito, dado que non é un percorrido para realizar marca.
Para que algún tomen nota, a Protección Civil agrupando as vallas, una vez rematada a proba. (Foto pc)


Ningún comentario:
Publicar un comentario