11 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMÁNDALLE O GRUPO DE GOBERNO Á DOCUMENTACIÓN NECESARIA SOBRE UN EVENTO PÚBLICO

"(...)Para evitar, como non fai tanto tempo nalgunha localidade próxima o noso pobo, que por non tramitar tódalas autorizacións diante da Administración Autonómica, o remate foi sancionada (...)".


Vista parcial do espazo intramuros da Fortaleza de San Cruz, en A Guarda (Pontevedra)
Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda

 En relación a un evento público programado polo Grupo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda, para este sábado día 12 de setembro, na Fortaleza de Santa Cruz, Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de facer público seu posicionamento o respecto, a traverso da seguinte comunicación:


NOITES NO CASTELO

 Para o día de hoxe, dende fai bastante tempo, se está anunciando unha actuación musical e cinematográfica como “remate” da temporada de verán, o que consideramos que é un bó a proveitamento dos espazos públicos, e compartimos a diversidade e descentralización das actividades culturais no noso pobo, dito o anterior, e recordando que o lugar no que se van a desenrrolar estas actividades trátase dún Ben de Interese Cultural (B.I.C.) polo que como tódolos castelos españois, está protexido segundo o Decreto do 22 de abril de 1949, así como tamén polas distintas proteccións do Goberno Autonómico, e debe ser, en primeiro lugar, o maior interesado do seu cuidado e protección, especialmente cando se fan distintas e diversas actuacións, a propia administración pública, ou sexa o Concello, especialmente neste caso, e sendo un espacio pechado, débese tomar as mellores medidas de seguridade para evitar calquer problema.

 Consideramos que foi moi acertado, o esixirlle todo tipo de medidas e proxectos a diversas festas en distintas ocasións, pero tamén creemos que o Concello debe dar exemplo.

 Para evitar, como non fai tanto tempo nalgunha localidade próxima o noso pobo, que por non tramitar tódalas autorizacións diante da Administración Autonómica, o remate foi sancionada, dende Converxencia Galega vimos a solicitar que se nos dé traslado da seguinte documentación e calquer outra que exista no Concello sobre este evento:

- Autorización de Patrimonio.
- Plan de Evacuación.
- Informe Técnico sobre a Capacidade/Aforo e medidas de control. 
- Plan de Medidas de Protección e Seguridade.
- Abono dos Dereito de Autores.
Proxecto de suministro eléctrico e medidas complementarias.
- Informe de participación de G.E.S. e Protección Civil.

A Guarda, a 12 de setembro do 2.015
  

Josué Alvarez Alonso
Responsable Local de Converxencia Galega 


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Emerxencias
Sr. Cabo da Policia Local
Sr. Responsable/Delegado de G.E.S e P.C.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario