2 de set. de 2015

RIBADAVILA (A GUARDA)

DÚAS INTERESANTES EXPOSICIÓNS CON MOTIVO DAS FESTAS DA GUÍA

Pódense visitar no local de ANABAM e da Academia Ferreira (Arsenios), os días 4, 5 e 6 de setembro, das 17:00 ás 21:30 horas


Agustín Ferreira Lorenzo 
Organizador e responsable das exposicións

 Con motivo das festas da Virxe da Guía, haberá dúas exposicións, nos locais de ANABAM e da Academia Ferreira (Arsenios). Unha relacionada co mundo do mar, marcas, útiles e aparellos utilizados por mariñeiros, ademais da proxección continua dun vídeo coas marcas e fotos dos propietarios das mesmas. A outra exposición é de fotografías así como diverso material xa en desuso que serve de lembranza de varias décadas atrás. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario