REMATA O PERÍODO VOLUNTARIO DE PAGAMENTO DE RECIBOS DE BENS INMOBLES DE NATUREZA URBANA E DE RÚSTICA
Francisco Alonso / A Guarda
O vindeiro luns 7 de setembro de 2.015 remata o período voluntario de pagamentos dos recibos correspondentes ó:
· Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana exercicio 2015.
· Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Rústica exercicio 2015.
No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento pode solicitar un duplicado da mesma dirixíndose a Oficina de Xestión Tributaria (R/ José M. Andreini 6 Baixo – Tfno: 986 609 067) ou a través da web do Concello de A Guarda (Impresos >Trámites e impresos > Cartas de pagos), xa que ó tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da mesma non exime da obriga de pagamento nin da vía executiva.
A partires de dita data as débedas serán esixidas polo procedemento de prema edevengarán os recargos, xuros de demora, e demáis conceptos esixibles.
Oficina Xestión Tributaria
Concello de A Guarda
Rúa José Manuel Andreini, nº 6 Baixo
Teléfono /Fax: 986 609 067

Ningún comentario:
Publicar un comentario