5 de set. de 2015

GALICIA

Medio Ambiente convoca para o vindeiro luns probas de aptitude para a obtención da licenza de caza na Comunidade galega 


Estas avaliacións levaranse a cabo para garantir que o aproveitamento cinexético realizado polos cazadores non afecte á conservación das especies de fauna silvestre e lograr unha mellora dos recursos cinexéticos. 
Os examinados realizarán un exercicio teórico para contestar 60 preguntas tipo test relacionadas coa caza e outro práctico para o recoñecemento de especies de fauna galega, tanto cinexéticas como protexidas. 
Dende a Xunta explícase que a todos os que superen as probas teórica e práctica expediráselles un certificado que permitirá obter a primeira licenza de caza, unha vez realizados os trámites administrativos correspondentes. 
Como novidade, haberá posibilidade de realizar as probas en inglés a aqueles cazadores estranxeiros non residentes en España nin pertencentes a países homologados para o recoñecemento dos requisitos de aptitude. 
+ INFO  

Ningún comentario:

Publicar un comentario