5 de set. de 2015

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS REXEITA UNHA PROPOSTA DO PARTIDO POPULAR PARA CREAR UN PROTOCOLO CONTRA ÁS AVESPAS ASIÁTICAS

María Jesús Martínez Martínez (vogal do Partido Popular, na E.L.M. de Camposancos): "(...) non prosperou xa que o PSOE e o BNG votaron en contra(...)".



María Jesús Martínez Martínez, vogal do Partido Popular na Entidade Local Menor de Camposancos 


Infogauda / Camposancos

 A vogal da Entidade Local Menor de Camposancos polo Partido Popular de A Guarda, María Jesús Martínez Martínez, presentóu con data 1 de setembro de 2015, unha moción na que "se instaba ao equipo de goberno que elaborase un protocolo de actuación no caso de aparición de niños de avespas asiáticas".

 Segundo a vogal Mª Jesús Martínez, "ante a aparición de niños de avespas asiáticas en Camposancos, co risco para o medio ambiente e o perigo que supón para as persoas, penso que o plenario debe tomar medidas urxentes ao respecto".

 Asegura a voceira popular que "ante o descoñecemento dos veciños para a identificación dos avispeiros, é oportuno organizar unha campaña de información á maior brevedade posible".

 Segundo pudo saber Infogauda "a pesares da insistencia da vocal do Partido Popular Mª Jesús Martínez Martínez por resaltar a importancia da súa moción, ésta non prosperou xa que o PSOE e o BNG votaron en contra".

Ningún comentario:

Publicar un comentario