21 de set. de 2015

DEPORTES

ATLETISMO

CARLOS FERNÁNDEZ, DO ATLETISMO TREGA, MEDALLA DE PRATA NO CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATÓN


 De esquerda a dereita, Carlos Fernández (2º clasificado), Manuel Oliver (1º clasificado) e Roberto Feijoo (3º clasificado), en Veteranos 40 anos.
Fotos: Sociedade Atlética do Trega

Sociedade Atlética do Trega / A Guarda

 O domingo 20/09/2015, na Rúa de Petín (Ourense), celebrouse á VIª Media Maratón "Vila de Petín", Campionato Galego de Media Maratón.  

 Os atletas Roberto Martínez Trigo e Carlos Fernández Álvarez foron os representantes da Sociedade Atlética do Trega. Roberto (categoría M 35) foi 10º, con un tempo de 1:23:13 e Carlos 12º e 2º (categoría M 40) con un crono de 1:26:41. 

 Os atletas Roberto Martínez Trigo e Carlos Álvarez Fernández foron os representantes do Atletismo Trega, nos Campionatos  de Galicia de Media Marathón. 


 Impresionante a medalla conseguida polo rosaleiro Carlos Fernández que mellorou súa marca en 3´.  

 Outra medalla para o Atletismo Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario