28 de set. de 2015

O ROSAL

ÈXITO DE PÚBLICO NA CHARLA SOBRE A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA ORGANIZADA POLO BNG DO ROSAL

Ánxela Fernández Callís - a esquerda da imaxe -, do BNG (O Rosal), xunto a Manolo Moreira, médico e portavoz da plataforma SOS sanidade pública de Vigo, no decurso da súa intervención. 

Infogauda / O Rosal

 Máis de 100 persoas asistiron o pasado sábado á charla organizada polo BNG do Rosal sobre a privatización da sanidade pública, que correu a cargo de Manolo Moreira, médico e portavoz da plataforma SOS sanidade pública de Vigo. 

Imaxe que ofrecía o salón de centro social polivalente do Rosal o pasado sábado

 Durante a charla, o ponente fixo unha revisión do proceso de privatización do novo hospital de Vigo. Posteriormente interviron algúns veciños que relataron algunhas experiencias sufridas no novo hospital e que viñeron a confirmar a sensación de que a súa apresurada apertura vai provocar graves problemas na área sanitaria de Vigo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario