29 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA ALERTA SOBRE O DETERIORO DO ANTIGO COLEXIO SAN JOSÉ

Celso R. Fariñas (Concelleiro portavoz de Converxencia Galega): "(...) Dende Converxencia Galega, consideramos que si non se toman medidas urxentes, en pouco tempo e así que escomence o inverno, poderíamos estar a punto de ver desaparecer as instalacións do antigo Colexio San José que foi das HH. Carmelitas, por donde pasaron unha boa morea de xóvenes de distintas xeracións dos pobos do noso entorno".                                        

As imaxes reflicten o deterioro da cuberta do inmoble
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, Concelleiro de Converxencia Galega na Corporación Municipal de A Guarda, ven de comunicar o Alcalde e o Servizo de Patrimonio, da Xunta de Galicia, o seguinte:

¡¡SIGUE A DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL!!
(NOVO DERRUMBE DO ANTIGO COLEXIO SAN JOSÉ)

 En distintas ocasións, temos presentado no Concello escritos sobre o estado de abandono e obras sen licencia feitas nestas instalacións, sen que a día de hoxe se hubera tomado ningunha medida, namentras o deterioro do mesmo, está provocando que en pouco tempo, suceda o derrube por efectos da choiva.

 Tal e como sinala a Lei de Patrimonio Cultural Galego, no séu Título Preliminar, Disposicións Xerais, Artigo 3, establece: “(…) as persoas que observasen perigo de destrucción ou deterioro dun ben integrante do Patrimonio Cultural de Galicia haberán, no menor tempo posible, de poñelo en coñecemento da Administración competente.
 Tamén, o Artigo 4.- sinala: “(...) a colaboura das corporacións locais (…)”.

 Fai o longo da semán pasada, e nada máis caer un pouco de auga, unha boa parte do teito deste referente cultural e educativo do noso pobo víuse abaixo, sin que se tomara ningunha medida de protección.                                                                                                                
 Dende Converxencia Galega, consideramos que si non se toman medidas urxentes, en pouco tempo e así que escomence o inverno, poderíamos estar a punto de ver desaparecer as instalacións do antigo Colexio San José que foi das HH. Carmelitas, por donde pasaron unha boa morea de xóvenes de distintas xeracións dos pobos do noso entorno.                                                                                               
 A Guarda, a 29 de octubro do 2.015          


Celso R. Fariñas
 Concelleiro de Converxencia Galega




Sr. Alcalde-Presidente
CONCELLO DE A GUARDA


Xunta de Galicia
CONSELLERIA DE CULTURA 
SERVIZO DE PATRIMONIO 
Avda. Fernández Ladreda, 43-6ª Planta 
36003 PONTEVEDRA

Ningún comentario:

Publicar un comentario