O BNG CONSIGUE UN ACORDO NO CONCELLO DO ROSAL PARA A CREACIÓN DUN SERVIZO DE TRANSPORTE PÚBLICO PARA OS ESTUDIANTES QUE CURSAN ESTUDIOS NA GUARDA
Alberte Alonso Pereira, portavoz do BNG no Rosal
Infogauda / O Rosal
O Pleno do concello do Rosal celebrado o pasado día 26 aprobou por unanimidade unha iniciativa do Grupo Municipal do BNG pola que o concello se compromete a conseguir un servizo de transporte público que permita a mocidade do concello desprazarse ao veciño concello de A Guarda a realizar os seus estudos de secundaria postobrigatoria.
Na actualidade, os mozos teñen que facelo desprazamento pola súa conta, xa que os horarios dos autobuses de liña non concordan cos horarios de entrada e saída do Instituto de A Guarda. O Concello comprometeuse a levar a cabo as xestións precisas para que se estableza un servizo de transporte público que cubra esta necesidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario