8 de set. de 2015

A GUARDA

O GOBERNO MUNICIPAL FIXA ÁS CONDICIÓNS E CARACTERÍSTICAS DAS ACTIVIDADES A REALIZAR NA CASA DOS ALONSO

A Casa dos Alonso, na Praza do Reló, en pleno casco antigo da vila de A Guarda Foto: Infogauda


Infogauda / A Guarda


 O Grupo de Goberno do Concello de A Guarda "ante a avalancha de peticións para a utilización da Casa dos Alonso por parte de terceiros", considera que "haberá que ter en consideración as seguintes circunstancias:


- O Concello dispón  dunha sala de exposicións habilitada para estas actividades no Centro Cultural.

- As actividades que aquí se realicen serán organizadas p ola Concellaría de Cultura ou as que sexan valoradas positivamente, despois dunha análise da obra ou temática, por parte dun gabinete de expertos e da propia Concellaría de Cultura.

- A obra ou temática ten que ser suficientemente extensa para poder ocupar toda a sala de exposicións.

- O edificio non conta con persoal. Serán os propios expositores os quen se fagan cargo da atención e vixilancia do edificio e da exposición.

- A actividade a realizar nunca será con ánimo de lucro.

- Só para artistas locais.

- Terá que presentarse un proxecto da obra ou temática previo para o seu estudo e valoración".

Ningún comentario:

Publicar un comentario