ESTE SÁBADO CELÉBRASE A SEXTA ANDAINA QUE PERCORRERÁ A “FRAGA DE COIRO” EN CANGAS
A saída para esta andaina é ás 8 horas dende a explanada da Sangriña
A saída para esta andaina é ás 8 horas dende a explanada da Sangriña
Infogauda / A Guarda
Este sábado, día 12 de setembro,
retómanse as andainas organizadas polo Concello de A Guarda. Nesta ocasión, a
actividade percorrerá a “Fraga de Coiro”, na localidade de Cangas do Morrazo.
A saída para esta andaina é ás 8
horas dende a explanada da Sangriña. Dende este punto o autobús trasladará ós
participantes ata o porto de Cangas, lugar dende onde comezará a andaina. Alí,
e tras atravesar varias rúas do centro da vila a pé, os participantes chegarán
ata a Igrexa de Coiro.
Dende aí os camiñantes
continuarán a ruta ata o miradoiro de Ermelo, que ofrecerá ós participantes
unha fermosas panorámicas das rías do norte. Pasado o pobo de Ermelo a ruta segue
cara ó monte de Paralaia onde a vista da ría de Vigo sorprenderá moito ós
camiñantes. Xa dende aquí, por un antigo camiño, baixarán cara a vila de Moaña,
entrando pola Igrexa de San Martiño, declarada patrimonio nacional.
O autobús de volta á Guarda
sairá dende o porto de Moaña, e a hora de volta aproximada serán as 20 horas.
Nesta ocasión a andaina, que
conta cunha distancia de 16 quilómetros e un nivel de dificultade medio,
contará coas indicacións do guía Ramón Varela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario