21 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA INFORMA DE RISCO DE AFUNDIMENTO NA RÚA TRANSVERSAL SOLANAS





 Con data 18.09.2015 e Rexistro de Entrada nº 6206, foi presentada no Concello de A Guarda, unha comunicación, na cal o Responsable Local de Converxencia Galega, Josué Alvarez Martínez, pon en coñecemento o seguinte:


RISCO DE AFUNDIMENTO

 Tras unha chamada telefónica dún veciño, apersonámonos no lugar, para poder comprobar como neste punto de Solanas, as augas están traballando e arrastando a terra, provocando que o asfaltado esté quedando no aire e en calquer momento pode afundirse nunha boa extensión, xa que o ferro que se usou para medir a profundidade, nalgúns dos puntos chegou a varias cuartas.

 Nestes días en que tivemos choivas, é posible que eiquí, e noutros lugares se esté dando unha situación similar, polo que sería convinte que se procedera a facer varias calicatas, e tomar as medidas que sexan necesarias denantes de aconteza algunha emerxencia.

 Dende Converxencia Galega non queremos facer alarmismo deste asunto, que trala visita que fixemos, consideramos perigoso e de alto risco, que facemos público o asunto, para coñecemento de todos/as, e pedimos que se tomen urxentemente as medidas que sexan precisas a fin de darlle unha solución o máis axina posible, dado que estamos entrando en tempada de choivas.

A Guarda, a 17 de setembro do 2.015


Josué Alvarez Martínez
Responsable Local de Converxencia Galega



Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Vías e Obras
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario