7 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA QUE SE REMATEN ÁS OBRAS DE DOTACIÓN DE BEIRRARÚAS NA ESTRADA Á FORNELOS

Celso R. Fariñas (Concelleiro de Converxencia Galega), "(...) Vimos a solicitar que da maneira máis urxente posible, se proceda a tomalas medias pertinentes para que se limpe e arranxe o lugar, e levando a cabo as obras cun mínimo de calidade (...)".

Na imaxe pódese apreciar un tramo de beirarrúa inconclusa, xa que carece de baldosas - Foto: Converxencia Galega, de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda presentou recentemente no rexistro municipal de entradas, á seguinte comunicación:

¿CÁNDO SE PODERÁ CAMIÑAR POLAS BEIRARRÚAS?

 Calquer veciño/a que circule hacia O Rosal, pola estrada dende O Castro a Fornelos, pode atoparse ca “gran obra”  que foi feita de xeito provisional –para toda a vida- donde o seu remate e conclusión debe estar programado para o século XXII, xa que dada a crise non temos quen nos fabrique as baldosas, polo que camiñar polo lugar é un esforzo de alto risco, e algúns/as paseantes, optan por camiñar pola estrada co perigo que iso significa.

 Ademais do anterior, a imaxe que damos polo estado de abandono que ofrece, xa que entre lixo, herba e demáis, debería ser motivo para que “o muñidor de promesas incumplidas” collera as de “villa diego”

 Dende Converxencia Galega seguimos facendo público todo aquel material que recibimos ou recollemos de maneira directa para esixir que se tomen as medidas que corresponde por parte de quenes estén o fronte do Concello –e cobran por elo- e que na maioría das veces, somentes actual despois de que se fai público o problema.

 Vimos a solicitar que da maneira máis urxente posible, se proceda a tomalas medias pertinentes para que se limpe e arranxe o lugar, e levando a cabo as obras cun mínimo de calidade, para que non se teña que volver a facer cada pouco tempo unha nova inversión, como está sucedendo nalgúns lugares donde o camiño se “untou ” con asfalto que o primer impacto, está saltando e a situación é peor que fai uns meses.

A Guarda, a 02 de setembro do 2015

                                       Celso R. Fariñas
                               Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario