6 de set. de 2015

RIBADAVILA (A GUARDA)

CULTURA

MILLADOIRO: MOITO MÁIS QUE UN GRANDE CONCERTO DE MÚSICA TRADICIONAL

A súa formidable actuación constituiu o evento musical máis agardado e concorrido deste verán en A Guarda

Unha moitedume de público encheu ata burdar, á Praza da Guía, en Ribadavila, para ademirar á magnífica actuación de Milladoiro - Foto: Bel González

 Ricardo Rodríguez Vicente / Ribadavila (A Guarda)


 A vila de A Guarda viviu na noite do sábado día 5 de setembro de 2015, na Praza da Guía, en Ribadavila, o evento musical máis agardado de todo o verán: o concerto de Milladoiro. 

 Con 37 anos de brillante traxectoria musical polas principais capitais do mundo - entre elas New York e Moskowa -, e con unha ampla e selecta discografía baseada na música tradicional galega; na súa magnífica actuación de onte, Milladoiro fixo un percorrido musical con unha escolma do seu amplísimo repertorio, interpretando pezas extraídas dos seus álbumes musicais, publicados desde 1979 ata 2008, como A Galicia de Maeloc, O Berro Seco, Solfafría, Galicia no país das Maravillas, Castellum Honesti, Galicia no Tempo, A Vía Lactea, A Xeometria da Alma, Iacobus Magnus, Gallaecia Fulget,  As Fadas de Estrano Nome, Aires de Pontevedra, A Quinta das Lágrimas, ..., entre outros.

 No formidable concerto de onte, a carón da ermida da Virxe da Guía, na ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal, o seu paso pola vila de A Guarda, Milladoiro conectou desde un primeiro intre co respectable e heteroxéneo público que ateigaba a Praza da Guía, nunha gratísima noite de verán, logrando á interacción de músicos e público, facendo ás ledicias de tódolos presentes. Foi unha gratificante velada conducida maioritariamente por Xosé V. Ferreirós (voz, gaita, bouzouki, oboe, mandolina e tin whistle) e Nando Casal (voz, gaita, clarinete, tin whistle e cromorno), dous dos membros fundadores de Milladoiro, que xunto con Moncho García Rei (voz, bodhrán, tamboril, percusión), continúan na formación, desde seus comezos, xunto con outros tres músicos, como Manú Conde (voz, guitarras, bouzouki), Harry c. [Cueva Navarro] (voz, violín) e Manu Riveiro (voz, acordeón e teclados) que se incorporarían andado o tempo.

 Compre salientar que no concerto de Milladoiro na noite de onte, ademais de interpretar pezas que forman parte das raíces culturais do folk galego e medieval, os seus compoñentes interpretaron varios temas acompañados das súas voces, algo inédito para moitos dos asistentes a este importante evento cultural de uns 90 minutos de duración, no que houbo desde muiñeiras, xigas, polkas,..., ata cantigas de berce.

 Este foi, que nos lembremos o terceiro concerto que Milladoiro desenvolveu na vila de A Guarda - os anteriores foran na Praza de San Bieito e no Portiño Novo, respectivamente -, máis sen lugar á dúbidas, o de onte foi o de maior comuñón entre músicos e público. Os músicos estiveron brillantes, como é tradicional neles, e o público, moi animado, correspondendo sen escatimar forzas, cos seus merecidos aplausos os seis membros de Milladoiro que o deron todo no palco, facendo partícipes do seu virtuosismo e dos seus xiros rítmicos a unha cidadanía que sabe valorar como se merece a un grupo que é todo un embaixador cultural de Galicia.

 Desde Infogauda agradecemos vivamente ás entidades (Deputación de Pontevedra e Asociación Cultural Virxe da Guía), que fixeron posible ese magnífico concerto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario