22 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN PROPONDO Á REPOSICIÓN DAS PRACAS DE DOUS MONUMENTOS NO CENTRO CULTURAL

Celso R. Fariñas (Concelleiro de Converxencia Galega): "(...) vimos a manifestar a molestia e disconformidade manifestada por unha morea de persoas ca non reposición das placas identificativos do Alcalde “Ligero” e de D. Avelino Vicente (...)".


Vistas parciais dos respectivos monumentos existentes no Centro Cultural e Social de A Guarda, sen ás correspondentes pracas
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda


Infogauda / A Guarda

 Para seu debate e aprobación se procede, Celso R. Fariñas, Concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte moción:

REPOSICIÓN DAS PLACAS NO CENTRO CULTURAL
(Bustos de Manuel Díaz González “Ligero” e D. Avelino Vicente González)

 Dende fai xa úns meses, un dos comentarios máis fortes que fan veciños/as e visitantes é sobre o estado de abandono existente nas instalacións do Centro Cultural, por ser un dos lugares máis neurálxicos da actividade cultural, política, deportiva e social da nosa localidade, dado que alí se desenrrolan diversas funcións, dende unha boda civil, un partido de baloncesto, presentación dún libro, representación teatral ou concerto.

 Sen entrar noutra serie de circunstancias alí existentes que demostran o que dende fai tempo da lexislatura pasada sobre o interés de conservación dos distintos bens municipais, donde as pintadas, a suciedade e a desaparición de elementos da decoración ou lumínicos é constante e permanente dende fai anos.

 Neste caso que presentamos hoxe, dende Converxencia Galega, vimos a manifestar a molestia e disconformidade manifestada por unha morea de persoas ca non reposición das placas identificativos do Alcalde “Ligero” e de D. Avelino Vicente, as cales desapareceron fai xa varios meses, e que se poderían instalar con novas técnicas que den mais seguridade no anclaxe que poñería máis dificultades a quen pretendera “roubala”, e  por elo, dende Converxencia Galega, vimos a presentar o Pleno Municipal para que tralo seu debate e aprobación se procede, a seguinte Moción:

 O Concello de A Guarda, procederá na maior brevedade de tempo a repoñer as Placas identificativas dos bustos do Alcalde, Manuel Díaz González “Ligero” nos xardíns adicados o mesmo, e a de D. Avelino Vicente González, como homenaxe a quen foi iniciador da Fundación Hospital-Casa Asilo. 

A Guarda, a 18 de setembro do 2.015 

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente 
Sr. Concelleiro de Patrimonio e Deporte 
Sra. Concelleira de Cultura 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario