O CONCELLO RECIBE UNHA NOVA PARTIDA DE COMPOSTEIROS DE SOGAMA
Os beneficios do proceso de compostaxe, e por tanto da reciclaxe de materia orgánica, non son só ambientais senón que tamén son económicos e sociais
Na imaxe, un modelo de composteiro doméstico
Foto extraída da web de SOGAMA
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda recibe unha nova partida de composteiros por parte de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente). Desta maneira o municipio poderá incrementar a participación do compostaxe por parte dos veciños.
Os beneficios do proceso de compostaxe, e por tanto da
reciclaxe de materia orgánica, non son só ambientais senón que tamén son
económicos e sociais.
A Guarda é un concello que participa nesta iniciativa
dende o ano 2014. Dende o principio tivo unha acollida moi satisfactoria o que
permitiu aos veciños da localidade producir un fertilizante natural
para todo tipo de plantas, derivado dos seus propios residuos. Por esta razón,
a Concellería de Servizos, continúa apostando polo compostaxe.
Este tipo de composteiros utilizados son moi eficientes e ademais os seus procesos son libres de todo tipo de cheiros.
Desde o Concello de A Guarda informan que "todas aquelas persoas interesadas nos composteiros poden
facer a súa petición no propio concello. A partir dese momento se irán
repartindo nos fogares por orde estrita de anotación".
O concello recorda que para as grandes cantidades de sega
e poda dos xardíns está a disposición de todos os veciños e veciñas un lugar
adecuado no Punto Limpo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario