16 de set. de 2015

A GUARDA

O ALCALDE ANTONIO LOMBA BAZ, REÚNESE CON ABEL CABALLERO ÁLVAREZ, ALCALDE DE VIGO, PARA FALAR DA POSIBLE INTEGRACIÓN DE A GUARDA NA ÁREA METROPOLITANA

Antonio Lomba Baz, Alcalde de A Guarda: “(...) A comunicación que temos con Vigo non é boa. O que non pode ser é que A Guarda forme parte da Área Metropolitana pero que estea illada (...)”.

Abel Ramón Caballero Álvarez, alcalde da cidade de Vigo, recibiu á seu colega Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda 
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, reuniuse o mércores día 16 de setembro co alcalde de Vigo, Abel Ramón Caballero Álvarez, para falar da posible integración do município de A Guarda na Área Metropolitana.

 Neste encontro, que o alcalde guardés cualificou de “moi cordial”, Lomba plantexoulle ó alcalde de Vigo os problemas que o seu municipio tería para pertencer a esta agrupación de concellos.

 Así, Lomba afirmou que para A Guarda, Vigo é a cidade de referencia, tanto da sanidade, coma para estudantes e o lugar onde moitos guardeses teñen os seus postos de traballo. Por esta razón o alcalde afirmou que sería conveniente formar parte desta Área Metropolitana mais antes deberían resolverse os problemas de comunicación.

Antonio Lomba Baz e Abel Caballero Álvarez, reuníronse na Alcaldía de Vigo



 “A comunicación que temos con Vigo non é boa. O que non pode ser é que A Guarda forme parte da Área Metropolitana pero que estea illada”, declarou Lomba. E continuou: “Para integrarse o que precisamos é que se remate a vía de alta capacidade que terminaría de unir A Guarda con Tui”.

 Neste punto, o alcalde guardés afirmou que aínda que no proxecto inicial da Xunta de Galicia esta estrada xa debería de estar rematada, na actualidade descoñecen cal é o seu estado. “É unha obra fundamental, polo que precisamos que a Xunta nos informe”, dixo.

 Sobre este tema, Antonio Lomba afirmou que o alcalde de Vigo mostrou o seu apoio. “A pesar de que non é competencia da Área Metropolitana exisir esta vía de Alta Capacidade é importante ter o apoio de Caballero”, declarou Lomba.

 Ademais, o alcalde guardés, tras a reunión afirmou que Abel Caballero comprometeuse a mellorar os puntos débiles dos Concellos que formen parte desta Área Metropolitana, e este era un deles.

Desta maneira, Antonio Lomba, dixo que o proxecto da Área Metropolitana, solventando esta cuestión, encaixaría coas pretensións do municipio guardés.


Paradas de autobús

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, aproveitou este encontro con Abel Caballero para trasladarlle outra petición. Así, solicitou novas paradas de autobús na zona do hospital de Povisa para os transportes públicos que chegan dende A Guarda por Baiona. Neste punto Caballero afirmou que non habería “ningún problema”.

 Este encontro terminou coa invitación por parte de Antonio Lomba ó alcalde vigués para visitar A Guarda e, se fora posible, presentarlle ó Presidente da Cámara Municipal de Caminha, Luís Miguel da Silva Mendonça Alves. Abel Caballero aceptou con moito gusto o encontro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario