16 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA REITERA SÚA SOLICITUDE DE COPIA OU ACCESO O PLAN DE SEGURIDADE E EMERXENCIAS PARA FOGOS ARTIFICIAIS

Celso R. Fariñas (concelleiro de Converxencia Galega): "(...) reitero a solicitude do Rexistro de Entrada nº 5921, esperando un tempo prudencial para recibilo, en caso contrario, buscaremos a maneira de facernos cun ejemplar, xa que nos queda a dúbida de que pode existir “algo máis” para negarnos o acceso a ese documento (...)".

Copia da solicitude de documentación presentada no Concello de A Guarda, por Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega

Na imaxe, documento suscrito pola Comisión Virxe da Guía e Concello de A Guarda , coas recomendacións para o público, á ter en conta o día da tirada dos fogos das festas da Ribadavila, e que figurou en varios establecementos do Porto de A Guarda-


Copia da contestación recibida da Alcaldía de A Guarda onde se manifesta: "(...) que debe dirixirse a propia Comisión de Festas que é quen o elabora (…)”.

Declaración de conformidade da "Implantación do Plan", suscrito polo "responsable do plan", "responsable pirotécnico", Policía Local e Responsable do G.E.S., e polo Teniente Alcalde.


Infogauda / A Guarda

 Con data 15.09.2015, e Rexistro de Entrada nº 6115, o concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, presentou no Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:

RESPOSTA A ESCRITO DA ALCALDÍA
(Rexistro de Saída nº 2593 de 10.09.2015)

 O pasado día 07.09[.2015], se presentou escrito R/E nº 5921 solicitando unha copia ou acceso o PLAN DE SEGURIDADE E EMERXENCIAS PARA FOGOS ARTIFICIAIS elaborado para as Festas da Virxe da Guía. Deste escrito,(R/S nº 2593 de 10.09/2015), con sorpresa, recibimos moi rápida contestación –cando hai bastantes escritos a espera de resposta municipal, e se manten sobre eses asuntos, un silencio sepulcral- na contestación recibida se manifesta: "(...) que debe dirixirse a propia Comisión de Festas que é quen o elabora (…)”.

 Como dí o refrán que é máis fácil coller un mentiroso que a un coxo,  e facendo caso das súas indicacións, por medio de distintas vías, entre elas a anteriores comisións de outras festas locais que precisaron elaborar tamén Plans de Seguridade, teño que decir que o que está a vista non prexisa justificación, e por elo, considero que a documentación que acompaña este escrito é suficientemente explícita  para todo aquel que a lea, ainda que quedan varias preguntas, sí a teñen que facer as Comisións de Festas, ¿porqué as elabora o Arquitecto Técnico Municipal?

 Si o Concello non ten nada que ver co asunto, na súa DECLARACIÓN DE CONFORMIDAD sinala: “(…) los abajo firmantes declaran haber recibido copia del presente documento en el que constan como responsables en alguno de los diferentes apartados del mismo, y tras la lectura, manifiestan su conformidad con el mismo, así con  el cargo y responsabilidad asignada y para que así conste firman el presente documento a los efectos oportunos (…)”.

 E polo que se pode ver, non só asina o Pirotécnico e o Presidente da Comisión de Festas, senón tamén o Responsable da Policía Local e do G.E.,S., senón tamén o Teniente Alcalde.

 Polo que se pode ler, asinan máis do Concello que de “fora”, polo que é difícil de entender que é somentes un asunto da Comisión de Festas, salvo que hubera “trato de favor”.

 Quero decirlle que o “ordeno e mando” ou “por mis co…” pode ser que sirva nalgunhas situacións, pero non en todas nin con todos, polo que reitero a solicitude do Rexistro de Entrada nº 5921, esperando un tempo prudencial para recibilo, en caso contrario, buscaremos a maneira de facernos cun ejemplar, xa que nos queda a dúbida de que pode existir “algo máis” para negarnos o acceso a ese documento.

A Guarda, a 15 de setembro do 2.015



Celso R. Fariñas   
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Emerxencias
Sr. Cabo da Policía Local
Sr. Responsable/Delegado de G.E.S e P.C.
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario