A ASOCIACIÓN DE CONSUMIDORES ALDRAMÁN FORMULA VARIAS PREGUNTAS SOBRE UN EVENTO NA ALAMEDA
Celso R. Fariñas (presidente da Asociación Aldramán): "(...)¿Qué medidas se toman para que non se convirta nún “botellón” de 48 horas? (...)".
Infogauda / A Guarda
En nome da Asociación de Consumidores Aldramán, con enderezo na Rúa Manuel Lomba, 7 baixo (A Guarda), seu presidente, Celso R. Fariñas ven de facer público ó seguinte comunicado:
Festa de
cervexa artesan
(para o séu traslado a Mesa de Comercio)
Da noite para o día, (nunca mellor dito [xa] que aparecen
pola madrugada instalados) apareceu por tódolos báculos do noso pobo unha
publicidade anunciando a celebración dunha Festa da Cervexa Artesá. ¿Xa se acabou a preocupación
municipal sobre ese tipo de instalacións nos bens públicos porque non critican
a actuación municipal? ¿Agora non ameazan ca aplicación da Ordeanza do Lixo e
outras sancións? ¿Pagarán as taxas municipais da Ordenanza respectiva que
está vixente?
En referencia a cartelería, non
presenta por ningún lado quen/quenes a título persoal ou por medio dalguna
asociación/empresa son os “organizadores, o que nos leva a facer unha pregunta.
¿Serán da casa/partido? ¿Como é posible que o Concello apoie unha festa sin
que se sepa quenes son os que a “montan”? ¿Firmarán algún acordo similar o que
a Hostelería local ten que facer na Festa da Lagosta? Esperemos que se dé o
mesmo trato a todos por igual.¿Terán tódolos permisos sanitarios o día? ¿Estarán dado de alta na Seguridade Social como autónomos, empresarios,
etc.? ¿Están o día ca Facenda/Hacienda? Si esto teñen que cumplilo os
restauradores da nosa localidade, ¿Non pedimos nada novo que non leve durante
facendo o PSOE dende o goberno municipal, ou sí?
Pero
logo, vénnos o pensamento a discriminación. Se isto se pode facer na Alameda do
século XXI, ¿por qué non pode facerse o Mercadillo Semanal? E que se vai por
escalafóns ou outros parámetros para decidir quenes poden usar os espacios
públicos do noso pobo, ¿Ou queda a decisión dos momentos de inspiración de
quen manda?
¿Qué
medidas se toman para que non se convirta nún “botellón” de 48 horas?, xa que
se pode “enganchar” o do día ca noite, sen entrar a que non sexa para consentir
o expendio de alcohol a menores.
A Guarda, a 12 de setembro do 2.015
Celso R. Fariñas
Presidente

Ningún comentario:
Publicar un comentario